O bádminton no Club do Mar leva practicando desde o ano 1968, tempos nos que se xogaba ao aire libre ao non dispor de pavillón e celebrábanse campionatos sociais no espazo que hoxe ocupa o comedor, o que nos converte en pioneiros deste deporte en España, como testemuña a Mención Especial á Sección máis antiga de España, que nos foi outorgada pola Federación Española de Bádminton na Gala do Deporte celebrada en Madrid.
As nosas Escolas Deportivas iniciaron a súa actividade en 1978 e delas saíron infinidade de campións de España e de Galicia.
Na actualidade, o Club do Mar conta con máis de 70 xogadores, repartidos en distintas categorías:
O noso obxectivo principal é formar aos nosos deportistas para que desenvolvan plenamente as súas capacidades físicas, técnicas e tácticas, á vez que fomentamos a responsabilidade e o compañeirismo.
Pretendemos facilitar aos xogadores experiencias que os motiven e ilusionen, a través da participación naqueles campionatos aos que dentro das nosas posibilidades, podemos asistir. Para iso, participamos nas competicións nacionais e autonómicas organizadas pola Federación Española de Bádminton e a Federación Galega de Bádminton.
Nas nosas escolas adestramos a nenos a partir dos 8 anos, que na súa maioría compiten a nivel escolar.
Horarios: Luns, mércores e venres de 18:00 a 20:00h.
Coordinadores das escolas: Rubén Espinosa Caridad e Juan José Amaro Suárez.
Si desexa máis información dos nosos cursos pode solicitala na Secretaría do Club ».
Horarios: Luns, mércores e venres de 19:00 a 21:30h.
Adestrador principal e máximo responsable da sección : Julio Fernández López
Delegado : Juan Amaro Barreiro
Adestradores Nivel II : Julio Fernández Lopez, Juan Amaro Barreiro, Ruben Espinosa Caridad.
Sí desexa máis información desta actividade pode contactar con a sección de Bádminton:
| badminton@clubdelmardesanamaro.com |
2011© - Club del mar de San Amaro | Club | Contacto | Aviso legal | Administrar | Creada por Zirdan