Nos últimos anos, os bos resultados acompañaron aos nosos deportistas nas competicións tanto autonómicas como nacionais, e ata internacionais, nas que participaron, polo que os "podiums" convertéronse en algo habitual.
Así, Manuel Branco Ventureira proclamouse por segundo ano consecutivo (2007 e 2008) Campión Galego do Circuíto de Fotografía Submarina, mentres que en 2006 o campionato foi para o noso fotógrafo Fernando Torreiro do Río.
En vídeo submarino, a parella formada por Alejandro Fernández Branco e Abel Barreiro Torres conta no seu espectacular palmarés con 5 campionatos galegos (2003-2007), 3 subcampeonatos de España (2003-2005), un campionato de España en 2006 co curto titulado "O guión" e un 2º posto na Copa do Mundo de Vídeo Submarino 2003, celebrado en Italia, grazas ao curto "A Diva", entre outros premios.
Máis información das nosas actividades » buceo@clubdelmardesanamaro.com
2011© - Club del mar de San Amaro | Club | Contacto | Aviso legal | Administrar | Creada por Zirdan