A sección de Tenis de Mesa do Club del Mar conta para a presente tempada 2010-11 con tres equipos en competición, un en División de Honra, outro en 1ª División nacional e un terceiro en 1ª División galega.
Neste último ciclo a Sección, que segue sendo adestrada polo xogador-adestrador Zhao Qiang, o primeiro equipo subiu desde 2ª División nacional ata División de Honra, onde disputa a súa segunda tempada consecutiva logo do seu primeiro ascenso na tempada 2006-07, mentres que de forma simultánea seguiuse traballando coa Escola e equipos inferiores, preparando unha substitución xeracional para o primeiro equipo.
Na tempada actual, xogadores do filial procedentes da Escola do Club participan habitualmente das aliñacións do primeiro equipo, e defenden a categoría da Primeira división nacional lograda en Burguillo, Sevilla, o pasado maio.
O equipo de 1ª División galega co obxectivo marcado da permanencia para esta tempada, é tamén a oportunidade para unha progresiva incorporación de xogadores de categorías inferiores procedentes da escola.
En categorías inferiores, o Club del Mar vén conseguindo triunfos a nivel autonómico nestes últimos anos, empezando tamén a alcanzarse resultados significativos a nivel estatal.
A Escola de Tenis de Mesa do Club del Mar, que está dirixida por Zhao Qiang, funciona de luns a venres a partir das 18:00 horas.
Sí desexa máis información desta actividade pode contactar con a sección de Tenis de mesa na propia sala uo en:
| tenisdemesa@clubdelmardesanamaro.com |
2011© - Club del mar de San Amaro | Club | Contacto | Aviso legal | Administrar | Creada por Zirdan