O Club do Mar de San Amaro é unha sociedade deportiva privada sen ánimo de lucro, fundada en 1935. Tras unha longa evolución e diversos altibaixos na súa traxectoria histórica, converteuse na actualidade nun referente de modelo asociativo e deportivo na nosa cidade, que combina a prestación de servizos deportivos e recreativos co fomento do deporte de base e competitivo.
O 10 de Decembro do 2010 celebrouse no salón de actos da delegación provincial de Deportes da Xunta o acto da firma de contratos de patrocinio de Clubs de Alta Competición entre a Fundación Deporte Galego e o Club do Mar de San Amaro, polo que se conseguiu que Galicia Calidade sexa patrocinador das seccións de Bádminton e Tenis de Mesa.
O Club do Mar de San Amaro estivo representado polos delegados de ambas as seccións, Pablo Canosa Troyón e Juan Amaro Barreiro, acompañados de varios xogadores que mostraban a camiseta que lucirán na tempada 2011.
No actual contexto de dificultades para a obtención de patrocinios a Fundación Deporte Galego non só mantívose senón que duplicou a axuda respecto ao ano anterior ao ampliarse esta a a sección de Badminton.
2011© - Club del mar de San Amaro | Club | Contacto | Aviso legal | Administrar | Creada por Zirdan