A Piscina Municipal do Club do Mar de San Amaro foi contruída como complemento do proxecto de reposición das instalacións do Club do Mar afectadas pola construción do Paseo Marítimo de Orillamar e contorna da Torre de Hércules.
A súa xestión é adxudicada de forma provisional ao Club do Mar a data quince de xullo de mil novecentos noventa e nove en convenio asinado dunha parte polo Ilmo. Sr. Don Francisco Vázquez Vázquez, Alcalde da cidade da Coruña, asistido polo Secretario Xeral da Corporación e do Excmo. Concello da Coruña, Don Francisco Javier Mato Pet, e, doutra parte, Don Miguel Torreiro Antón, en condición de Presidente do Club do Mar de San Amaro da Coruña.
En maio do 2003 en sesión plenaria, o Excmo. Concello acordou adxudicar a xestión por un período de vinte e cinco anos por concesión administrativa ao Club do Mar de San Amaro tras cumprir os requisitos establecidos no prego regulador do concurso con procedemento aberto para devandita concesión."
A Piscina Municipal do Club do Mar de San Amaro ten como misión exercer de referencia dinamizadora da vida social dos cidadáns, prestando especial atención aos menos favorecidos, por medio do fomento da actividade física acuática diversificada.
As características principais da programación da instalación son as seguintes:
2011© - Club del mar de San Amaro | Club | Contacto | Aviso legal | Administrar | Creada por Zirdan