O CLUB DO MAR DE SAN AMARO
As nosas amplas e modernas instalacións, dotadas do equipamento máis avanzado, resultan ideais para a práctica dun gran número de actividades deportivas e culturais.
Faite Socio A nosa biblioteca está aberta como salga de lectura e estudo desde as 08:00 ata as 23:00h, durante toda a semana, mentres que o servizo de préstamo funciona en horario de oficina.
Conta aproximadamente con 3.200 volumes, que proveñen na súa maiorÃa de donativos de diferentes institucións, como a Fundación Pedro Barrié da Maza, Xunta de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e tamén dos propios socios, ademais das subscricións e adquisicións periódicas con cargo ao noso orzamento anual.
Desexariamos ler as vosas suxestións e contar coa colaboración dos nosos socios para dinamizar e enriquecer este recuncho cultural do Club; para iso podedes dirixirvos á ligazón de contacto desta páxina ou acudir á propia Biblioteca.
As nosas amplas e modernas instalacións, dotadas do equipamento máis avanzado, resultan ideais para a práctica dun gran número de actividades deportivas e culturais.
Faite SocioO Club do Mar de San Amaro é unha sociedade deportiva privada sen ánimo de lucro, fundada en 1935. Tras unha longa evolución e diversos altibaixos na súa traxectoria histórica, converteuse na actualidade nun referente de modelo asociativo e deportivo na nosa cidade, que combina a prestación de servizos deportivos e recreativos co fomento do deporte de base e competitivo.
Aquà atoparás as últimas noticias do Club do Mar