
Natación para 0-2 años
Fecha 28/12/2020Título del curso: Natación para 0-2 años Descripción del curso: Actividad de toma de contacto con el agua para bebés... Ver este curso
O Club do Mar de San Amaro é unha asociación privada sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica e capacidade de obrar fundada en 1935. Tras unha longa evolución e diversos altibaixos na súa traxectoria histórica, converteuse na actualidade nun referente de modelo asociativo e deportivo na nosa cidade, que combina a prestación de servizos deportivos e recreativos co deporte de base e competitivo.
Ten por obxecto o fomento, desenvolvemento e práctica da actividade físico-deportiva e cultural, así como de calquera actividade cultural e artística que leve unha ampliación da dimensión humana e social do colectivo dos seus asociados.
Esta sociedade, non ten adscrición a ningún partido político, tendencia relixiosa nin ideoloxía determinada, aínda que estima o respecto superior encarnado na declaración dos dereitos humanos, polo que, desde a súa tribuna, poderán tratarse obxectivamente todas as expresións temáticas dentro do máis alto respecto cara á idea allea.
Proporcionar aos seus asociados, distraccións e actividades propias dos centros recreativo-sociais é outro dos seus obxectivos primordiais, así como a diversificación dos eventos organizados polo Club do Mar.
Título del curso: Natación para 0-2 años Descripción del curso: Actividad de toma de contacto con el agua para bebés... Ver este curso
Título del curso: Perfeccionamiento para adultos Descripción del curso: Actividad para perfeccionar habilidades básicas de propulsión en el agua e iniciarse... Ver este curso